Que ben o pasamos celebrando o Magosto en Infantil! 🌰🍂 O outono chegou ás nosas aulas e, con el, unha das nosas tradicións favoritas. Durante estes días aprendemos moitas cousas sobre esta estación, pero o momento máis esperado por todos pequechos e pequechas foi, sen dúbida, a festa do Magosto. No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo do moito que desfrutaron saboreando as castañas asadas, as súas cariñas cheas de ilusión demostran todo o vivido . Foi unha xornada chea de risos, xogos e tradición que lembraremos con moito cariño. Queremos aproveitar estas liñas para agradecervos de corazón a vosa implicación e colaboración. Grazas por achegar as castañas e por axudarnos a manter vivas estes costumes tan bonitas. Sen o voso apoio, estas actividades non serían posibles. ❤️ Esperamos que disfrutedes tanto vendo o vídeo como nós vivimos o momento!
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones