Entradas

Un Samaín de medo e moita arte no noso colexio!

Un Samaín de medo e moita arte no noso colexio! Esta semana as nosas aulas transformáronse por completo para acoller unha das celebracións máis agardadas e máxicas do ano: o Samaín . Cun espírito terrorífico e cargados de ilusión, os nosos alumnos e alumnas convertéronse en auténticos artistas, inundando a escola con creacións espectaculares feitas nas súas casas coa axuda das súas familias.  Dentro do proxecto de EDLG do colexio, potenciouse esta data dunha maneira moi especial e foi comezando o proxecto de contacontos do colexio. O noso mestre Rafa, é o encargado de facelo en Infantil e, como no, nesta data, levou o conto "Corre, corre, cabaciña", onde os nenos de infantil desfrutaron da "terrorífica" aventura dunha avoa que ía acudir a boda da súa neta. Queremos agradecer de corazón a implicación e a colaboración de todas as familias por facer posible esta actividade e por potenciar a creatividade dos máis pequenos.  Grazas ao voso esforzo e ao entusiasmo dos ne...