Abracadabra... E a maxia volveu ao cole! O noso proxecto “A Arte de contar” transformouse nunha verdadeira aventura interactiva. Como funciona? Todo comeza cun contacontos espectacular a cargo do noso profesorado, neste caso, o mestre Rafa, un auténtico mago das palabras! Cando el empeza a falar, o tempo para. Ten ese don especial é único para atrapar aos cativos e cativas desde o primeiro segundo: cambia as voces, fai xestos incribles e consegue que todos e todas queden coa boca aberta, viaxando a mundos fantásticos sen moverse do sitio. É puro espectáculo, tenrura e diversión a partes iguais! Con él, traballan a escoita activa, disparan a súa imaxinación e mergúllanse en novos vocabularios case sen darse conta.
Pero ollo, que a cousa non queda aí! Despois de quedar marabillados co conto de Rafa, pasamos á acción: preparamos un montón de actividades manipulativas, creativas e de movemento relacionadas coa historia para desenvolver as capacidades dos peques ao máximo. E, por suposto, todo coa nosa marca da casa: a enerxía e a alegría Vedruna!
Isto é ser da familia Vedruna: unha gran tribo que xoga, que aprende, que se apoia e que acompaña aos máis cativos para que medren felices e cheos de creatividade!








