Hoxe os mandadiños do Meco trouxéronnos moita cor e diversión: os nenos e nenas viñeron con calcetíns diferentes.
Houbo combinacións moi orixinais, raias, debuxos e cores para todos os gustos. Cada paso que daban enchía o cole de alegría e creatividade, demostrando que ser diferente tamén é moi divertido.

































