Gran colleita no noso horto! Xa temos as primeiras leitugas.
O traballo duro ten a súa recompensa! Os alumnos de infantil vivimos un día moi especial no horto escolar. Despois de semanas coidando e vendo crecer as nosas plantas, por fin chegou o momento máis esperado: a colleita das nosas leitugas!