Hoxe o alumnado de infantil realizou unha saída moi especial polo centro de Ourense, participando nunha visita guiada adaptada á súa idade para coñecer un pouco mellor a historia da nosa cidade.
Durante o percorrido, os nenos e nenas visitaron As Burgas, a Praza Maior de Ourense, o exterior da Catedral de San Martiño de Ourense, Plaza do Trigo... A través de contos, lendas e explicacións adaptadas, achegáronse dun xeito divertido aos lugares máis emblemáticos da cidade, descubrindo curiosidades e aprendendo sobre o noso patrimonio.
Foi unha xornada moi enriquecedora na que aprenderon, observaron e gozaron compartindo esta experiencia fóra da aula. Deixámosvos unhas imaxes para que poidades ver algúns momentos desta saída tan especial.