Coa chegada do Día das Letras Galegas, o alumnado de Infantil de 3, 4 e 5 anos celebrou esta data tan especial, coloreando palabras que describen a Begoña Caamaño , a quen está dedicado este día. Tamén elaboraron marcapáxinas cheos de cor e creatividade para homenaxear a nosa lingua e cultura galega.








