«A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza»
Durante a Semana da Lingua tivemos a sorte de disfrutar dun contacontos moi especial da man do noso compañeiro Rafa, que nos contou “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”.
Os nenos e nenas de Infantil gozaron moitísimo coa historia, as risas e os momentos compartidos. Unha das moitas actividades que vivimos estes días para celebrar a nosa lingua dunha forma divertida e chea de ilusión.















