¡Voltamos cos contacontos en Infantil!
Un ano máis, a maxia e a ilusión regresan ás aulas dos máis cativos da man de Rafa, mestre de Primaria. Nesta ocasión, contamos ademais cuns convidados moi especiais: os nosos alumnos e alumnas
da Aula de Especial.
Pero este curso estreamos un novo proxecto: “A Arte de contar”. Trátase dun desexo compartido entre a Primaria e a ESO, onde o profesorado de ambas etapas traballa man a man para que o noso alumnado aprenda a narrar historias, a perder o medo ao público e a dar o mellor de si mesmos. Todo isto, como non podía ser doutro xeito, dende o optimismo e a Alegría Vedruna.
Nesta ocasión, Rafa non estivo acompañado dos nosos alumnos e alumnas maiores pero, moi pronto eles tamén visitarán Infantil para facer as delicias dos pequerrechos coas súas historias.