Magosto 2025

 🎉 Celebramos o Magosto no cole! 🌰

Hoxe foi un día moi especial no colexio: dedicamos toda a xornada á celebración do Magosto, unha das festas máis queridas da nosa tradición galega.

Pola mañá, nas aulas de 3, 4 e 5 anos, fixemos fermosos traballos e manualidades relacionadas co outono e co noso protagonista do día: San Martiño, o patrón de Ourense. Aprendemos moitas curiosidades sobre a súa vida e o significado desta festa tan nosa. 🍂

Xa pola tarde, chegou o momento máis esperado: a gran celebración do Magosto! Os nenos e nenas de 6º de Primaria, vestidos de auténticos castañeiros e castañeiras, prepararon uns xogos tradicionais para compartir cos máis pequenos de Infantil. Pasámolo en grande xogando, rindo e aprendendo xuntos sobre a nosa cultura popular.

E, por suposto… non faltaron as deliciosas castañas asadas! 😋

Un día cheo de amizade, tradición e alegría.
Viva o Magosto! 🌰🔥

#Magosto2025 #NormalizaciónLingüística #EDLG #OGalegoMola