🍁 E despois do Samaín... chegou o Magosto! 🌰
Isto é un non parar de facer artistadas no cole! 😄
As nenas e os nenos de 3, 4 e 5 anos seguimos traballando con moita ilusión e, para celebrar o Magosto, fixemos unhas manualidades moi especiais:
🎨 Unha castañeira para decorar as nosas aulas.
🌰 Cucuruchos para gardar as riquísimas castañas.
💫 Un fermoso colar feito coas nosas mans pequenas e creativas.
Pasámolo xenial creando, aprendendo e mantendo vivas as nosas tradicións galegas.
Viva o outono e viva o Magosto! 🍂🔥






































