A maxia dos contos: unha tarde de imaxinación!

Este xoves, os cativos e cativas do colexio tiveron a oportunidade de vivir unha experiencia única que encheu de maxia a escola. Uns profesores marabillosos de Primaria, Noe e Rafa, visitaron as súas aulas para levar aos nenos e nenas a través dunha viaxe de imaxinación sen límites.

Esta actividade, organizada pola área de biblioteca e polo Equipo de Normalización Lingüística do centro, contou coa participación de todo o alumnado de Infantil, que se mergullou na historia dunha dulce avoíña que se foi de voda.

Foi unha xornada chea de risas, emocións e aprendizaxe, que fixo que todos os asistentes se afastaran por un momento da rutina escolar e se sumergiran no mundo da fantasía.

Esta actividade que se repetirá ao longo do ano, forma parte do proxecto "A maxia de ler" e do proxecto educativo de centro para fomentar a lectura, a creatividade e o uso do galego entre o alumnado.

Sen dúbida, esta actividade deixará unha pegada nos corazóns dos pequenos e pequenas, que, con seguridade, seguirán soñando coas historias que os nosos contacontos compartiron con eles.