Hoxe, en Infantil, arrincamos motores para comezar a preparar o Samaín dun xeito moi especial. Os mestres de Primaria, Noe e Rafa, prepararon un contacontos moi especial para os máis pequenos.
Este ano e dentro das actividades que levan a cabo o equipo de dinamización da lingua galega do colexio, o proxecto “A maxia de ler” ampliase á etapa de Educación Infantil para que os nosos nenos e nenas poda desfrutar dos contos e da nosa lingua. Comezamos nesta etapa co conto: “Corre, corre, cabaciña!”













