Tarde de animación á lectura -Contos da natureza

O CEIDA como centro de referencia para a educación ambiental en Galicia, facilitounos unha maleta xenial cunha serie de contos infantís para traballar a "educación ambiental".

Os nenos e nenas escoitaron fermosos contos nos que as personaxes principais coidaban sempre do noso planeta. Encantounos a actividade , moitas grazas CEIDA!