Día do lavado de mans

 O Día Mundial do Lavado de Mans celébrase en todo o mundo o 15 de outubro, para lembrar a importancia dun xesto tan sinxelo como lavarse as mans con auga e xabón para a saúde.

Lavar as mans é un xesto diario para a maioría da xente do mundo. Non obstante, o lavado con auga e xabón non é tan frecuente: millóns de persoas só usan auga para lavarse as mans, xa sexa por costume ou porque non teñen xabón.

O Día Mundial do Lavado de Man é unha oportunidade para consolidar hábitos saudables que nos acompañarán ao longo das nosas vidas. Ademais, este día é un momento único para que estudantes de todas as idades se convertan en axentes do cambio, demostrando a súa solidariedade cos nenos deses países onde as dificultades para acceder a unha hixiene adecuada son un obstáculo para o desenvolvemento.

Así, lembramos a importancia do lavado de mans aos nenos e nenas de Infantil a través da campaña de Unicef fixeron este divertido debuxo. 

#normalizaciónlingüística   #EDLG