Compartir lecturas
Poderán participar todos aqueles membros da
comunidade educativa que así o desexen: familias, docentes, membros do PAS, alumnos,
etc.
Os textos serán seleccionados segundo o perfil dos
compoñentes, así como as datas de reunión e periodicidade,así mesmo a dinámica
que seguiremos: temas previstos, lectura libre, préstamos entre os compoñentes,etc.
O obxectivo
fundamental é potenciar a lectura na nosa lingua.
Fornecer as relacións entre membros da nosa
comunidade educativa,entendendo a lectura como un elemento de vencellamento.
Gozar da afección á lectura como garante de
sabedoría, arte e pracer .
Compartir ,recomendar, analizar libros que nos
poidan provocar eses momentos de ausencia, de abstracción e podelos compartir.
Darase información a través dun enderezo
electrónico: equipodinamizacion.linguagalega@vedrunaourense.es
e da páxina web do colexio. Anótate tamén neste correo.